Opinión

Un recado

Hai algúns meses escribinlle unha carta ó alcalde de Ourense, que por incidencias do traxecto non chegou ó seu destino. Hoxe, aquela carta xa carece de sentido. A actualidade muda tanto e tan á présa que o que hoxe é branco, mañá é negro e viceversa. Mire, senón, as sensacións de holocausto democrático fronte ó precipicio que tiña nantronte Europa (falo da maioría) e compáreas coas que ten hoxe. Nada que ver. A noite e o día..!

Repito, hai uns meses escribinlle unha carta -non recibida- ó alcalde de Ourense, na que lle dicía que non alcanzaba a entender cómo unha persoa con vida propia no seu ámbito profesional, con aparente criterio intelectual (non podo facer afirmacións categóricas porque non teño trato persoal con el) e con acenos dunha certa coherencia política ou, cando menos, cunha repousada pose pública, era quen de aguantar o inaguantable sen que nunha arrouta- da de lucidez fose quen de mandar todo a tomar polo saco e retornar á súa vida de noutrora.

Como digo, a carta non chegou ó seu destino. E non pasou nada, porque estou seguro de que tampouco tería influído, xa que logo no ámbito da política cada quen marca os seus tempos e é moi difícil -por non dicir imposible- que elementos externos -máis, se son simples consellos escritos- exerzan influxo algún sobre quen controla eses tempos (mire, senón, ó presidente do goberno, que é un auténtico funambulista), como tamén é ben difícil que arroutadas de lucidez provoquen cambios radicais de sentido.

 

Sen embargo, doume por contento por tela escrito -por máis que a el nunca lle teña chegado- porque o anuncio que hoxe fixo, de que a súa estadía na Praza Maior ten data definitiva, non fixo máis ca referen- dar en prato frío o que eu pensaba daquela -non sobre o alcalde, senón sobre a persoa- e felicítome por elo.

Ben é certo que o fixo marcando un tempo e deixando un recado que probablemente teña provocado máis de un sarpullido no seu propio partido.

Hai que deixar paso, veu a dicir (non o entrecomiño porque non son palabras textuais, as que repro- duzo), para que outra xente continúe o camiño. E isto díxoo o mesmo día e case á mesma hora na que o seu correlixionario de Lugo anunciaba que logo de 16 anos sentía dentro a enerxía propia dunhas pilas "duracell" e que, polo tanto, volvería optar á alcaldía.

E é que, cada alcaldía -coma a política- é un mundo no que, o que para uns é branco, para outros é negro sen que o asunto perda un ápice do seu implícito atractivo.

Te puede interesar