Opinión

Adeus meu rei

Hoxe, o presidente do Goberno sorprendeu ao pobo español cunha nova. Anunciounos que Juan Carlos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias (Roma, 1938) comunicáralle a súa vontade de abdicar.

Como querendo imitar ao seu predecesor na Xefatura do Estado, desempeñou o seu cargo case corenta anos. Unha Lei Orgánica proclamará ao Príncipe de Asturias como Felipe VI, Rei de España. En esencia… máis do mesmo.

No século XXI, cando se trata de dar protagonismo á vontade popular, a democracia non se fortalece máis coa transmisión de poderes de pais a fillos, senón escoitando as opinións que, ao respecto, manifesten os seus vasallos. Non resulta doado entender que nun país, nos tempos nos que andamos, sigamos a ver como nos impoñen “por seren quen son” a unha casta familiar que pretende o poder polos séculos dos séculos.

Que Felipe VI sexa o derradeiro e que a III República sexa o réxime que poidan ve-los nosos fillos.

Te puede interesar