Opinión

Cheira a Entroido

Ourense xa cheira a Entroido, o domingo fareleiro, o oleiro, o xoves de compadres o domingo corredoiro e algunha comparsa que xa andan a afina-las súas voces para participaren nesta festa pagá anuncian o que temos ás portas. O entroido ten cinco mil anos de historia e, foi o xermolo da expansión do cristianismo cando adquiriu máis auxe.

A razón do seu nome de orixe “carnevale” tiña como motivo principal a despedida da carne que non se comería nos seguintes corenta días da Coresma cristiá antes da Pascua, e de absterse de levar unha vida licenciosa durante este tempo. Por iso era unha festa celebrada con entusiasmo e participación, onde todo estaba permitido, de aí o uso das máscaras para oculta-lo rostro e salvagarda-lo anonimato. 

A ditadura española prohibiu a súa celebración durante corenta anos e, todo ese apunte histórico ven a conto para denunciar que algúns viven todo o ano o entroido disfrazados de chourizos, de políticos ou con sotana, entre outros disfraces, desoíndo a voz popular que non ten traballo, pasa fame, ou que non pode dar estudos aos fillos e o que está farto de ver como os que mandan están a se levaren os cartos. E, sen disfrace.

Te puede interesar