Opinión

DA-LO EMPURRÓN

Nada máis saberse os resultados das eleccións galegas (as do Euskadi foron outra cousa) os portavoces do PP así como os seus voceiros mediáticos concluiron unánimes que significaba da-lo empurrón á política nacional que estaba levando Mariano Rajoy. Maioría absoluta, pero con menos votos, para Núñez Feijóo; fundimento do PSdeG; importante baixa do BNG, e novo pulo de Xosé Manuel Beiras, coa axuda de EU. Tratábase a todas luces duns comicios autonómicos. Pérez Rubalcaba tentou sen éxito nacionalizar o asunto e pedirle contas a Rajoy.


Por outra banda Núñez Feijóo utilizou a estratexia do alonxamento do seu presidente que se lle chegaba o estrondo social dos recortes. Sabemos o que sucedeu e non hai que darlle máis voltas.


Os resultados enténdense moito mellor en clave autonómica, non como da-lo empurrón nacional á política do PP e aínda que non poidamos negar que resultaron un balón de osíxeno. Para que tivera razón Dolores de Cospedal, tería que silenciar todas as voces que aínda hoxe se están a levantaren en todo o país. A saber: Esoutro día debatéronse os presupostos e a oposición presentou once enmendas á totalidade; os mozos rodean en protesta o Congreso dos Deputados; os médicos e enfermeiras bótanse á rúa; xa o fixeron con anterioridade os funcionarios, os investigadores, os estudiantes universitarios, os obreiros e os sindicatos teñen anunciada a segunda folga xeral.


Imposíbel dicir, polo tanto, que todo sexa unha balsa de aceite polo feito de triunfar en Galicia sobre un cantidato do PSdeG sen carisma e totalmente irrelevante e sobre outro par de inxenuos por moitos anos que leven na política.

Te puede interesar