Opinión

OS EFECTOS DO ALCOL

As primeira poeiras que se levantaron a prol do fenómeno do botellón viñan determinadas polas queixas veciñais centradas no ruído e nos restos de envases a cuxa retirada dedicaron boa parte da súa xornada as brigadas de limpeza. O muestrario de desperdicios é tan amplo que non sería de extrañar que, dentro de dous ou tres séculos, os aboríxenes inclúan nas rotas para os visitantes aqueles lugares sinalados polos arquólogos nos que os antepasados non paraban de levanta-lo cóbado. Pero os verdadeiros efectos secundarios está saíndo a relucir agora. Segundo os últimos datos proporcionados polo Ministerio de Sanidade hai localizacións nas que o número de mozos que se emborrachan aumentou nun 30% en cinco anos, que se di pronto. Aínda que o inicio no consumo de alcol sitúase arredor dos 16 anos e medio, nalgúns lugares, aos 13, xa están principiando. E non hai semana na que, sobre un 65% da mocidade universitaria non se meta algo no corpo.


A estas alturas parece demostrado que a solución non é liñal. Está a prevención; qué lles vou a dicir da educación; hai que facer campañas ata aburrir (como está a face-la Fundación de Axuda contra a Drogadicción); os concellos concienciados puxeron en marcha alternativas con desigual resultado ? e logo están eses pais que che din quitándolle gradación: '¿é que xa non vos lembrades de cando erades mozos?'.


A memoria non é o meu forte, pero hai cousas que non se esquecen. Primeiro os posibles cos que a maioría dos rapaces contabamos para acceder á bebida eran máis limitados que os créditos de hoxe. E despois, nos guateques ou nos grandes asaltos bailes, canto menos había de todo (luz, rock, influencia relixiosa?). A única obsesión era cómo achegarnos o máis posible salvando os cóbados dela, a torpeza nosa imposible de disimular e a máis que probable aparición dun irmán maior de garda. Aquilo si que era para darse a bebida.

Te puede interesar