Opinión

O ESTADO DO REPARTO

Aabolición da pena de morte é un ingrediente do chamado Estado do Benestar, e este, ao mesmo tempo, unha rara illa humanitaria rodeada de inhumanidade no espacio e no tempo. Dende logo non é cuestión de facer aquí supremacismo europeo, pois o Estado do Benestar consolídase trala guerra tribal máis sanguenta e inhumana da historia: no espacio moral aberto por a súa culpa de asasinos natos, os europeos acadaron crear un paraíso humano.


O Estado do Benestar, ou de reparto, reduciu a violencia interna drasticamente; nada raro: a desigualdade radical é violencia institucionalizada. Mesmo nese escenario desdramatizado non existe a pena de morte. En Estados Unidos non hai un Estado do Benestar pleno, a desigualdade é lacerante, a violencia rampante, e hai pena de morte. O paradoxo é que debemos o noso Estado do Benestar a Estados Unidos: á súa potencia de fogo e ao seu poder de reconstrución.

Te puede interesar