Opinión

A EVIDENCIA

Aevidencia é a máis decisiva demostración'. Se Gaius Verres exiliouse en Sicilia voluntariamente despois da acusación de Cicerón, a alcaldesa madrileña debería, como mínimo, apartarse da política en vez de intentar aplaca-la densa poeira levantada despois do seu ignominioso discurso ante o Comité Olímpico Internacional.


Unha vez máis, a imaxe de España degrádase e se pon en ridículo pola panda de inútiles que ascenden ao poder. Sábese que o COI rexeitou a candidatura por razóns inescrutables que van saíndo á luz como os comentarios dun patio de veciños, de boca en boca e sen saber exactamente quen foi o primeiro que as dixo. 'España ten problemas máis graves nos que gasta-lo seu diñeiro que no proxecto olímpico'; foi un dos motivos que unha das integrantes do comité executivo expuso e que pode servirnos de orientación.


Unha vez asimilado que Madrid 2020 foi un sono duns poucos que nunca vaise cumprir, aos españois quédanos, primeiro: a retranca coa que intentamos enfeitar semellante ridículo; o segundo: a indignación de ver como o goberno segue a dar saltos ao baleiro mentres os cidadáns estamos a sufri-las consecuencias.


Madrid quédase sen os setenta e oito millóns de euros gastados no proxecto das últimas tres candidaturas e gaña, pola contra, instalacións mastodónticas que serán na súa maioría infrautilizadas, como a Caixa Máxica ou a estación de metro do Estadio Olímpico, sen deixar de lado, claro está, que o discurso de Ana Botella espertou gargalladas ata nas nosas antípodas. Iso si, alomenos, a primeira edil madrileña dá por rematada, polo de agora, a aventura olímpica da capital do reino, ou máis ben, a súa aventura. Estou seguro que, ademais, preocuparase por saber que está a dicir cando teña que emitir un discurso en inglés.


Debería servir de exemplo para saber que pasará se seguen a faceren recortes na educación, aínda que iso é 'fariña doutro saco'. Mentres, se nos esquece, pensemos que sempre nos quedará poder seguir disfrutando dunha relaxante taza de café con leite desnatado na Praza Maior ou dunha cea romántica no Madrid dos Austrias.

Te puede interesar