Opinión

O fenomeno C´s

Partido Popular rematou o seu argumentario oficial para comezar a atacar a Cidadáns de xeito sistemático, distribuíndo un arsenal á militancia para ir con todo, como se se tratara de tomar Stalingrado. Asemade, PSOE e EU atacan polo f lanco esquerdo a Podemos para frea-la sangría. Pero o PP ten un problema: non cola presentar a Cidadáns como un partido radical, na lóxica antisistema de Podemos. Unha sondaxe publicada hai uns días retrataba o seu perfil centrista: suma partidarios dispostos a non votaren ao PP ou ao PSOE a cambio das candidatu- ras de Rivera, pero ademais o PP o valora como centroesquerda e o PSOE como centrodereita, en definitiva no arco central. Cidadáns logra seducir aosmenosdogmáticos,esaclasede xente que se ve como o filósofo Leskez Kolakowski, martelo contra o marxismo, nun autorretrato de tres trazos: progresista en asuntos sociais, con- servador para algunhas tradicións e liberal naquilo no que importa o mérito e a competencia. O bipartidismo queimouse na súa propia corrupción e mediocridade.

A campaña do PP ata agora, foi chusca, dende o “Siutadáns” ao infantiloide “Naranjito” contra Rivera, ao que Villalobos lle chama “neno que vai con panais e cheira a Nenuco”. E outro capitoste tamén andaluz superou a finura intelectual da inefable exalcaldesa proclamando “non quero que me mande dende Cataluña alguén que se chame Albert”. A imaxe do PP é de soberbia, cun narcisismo redentorista.Agora establecen atacar a Rivera por “carácter autoritario” e “liderazgo made in tv”. Toda esa batería de críticas, en vez de reconquistar aos seus votantes, fortaleceu a Cidadáns. Cando se ataca con substancia se puntúa; pero non con parvadas coma os de “naranjito e nenuco”. Moita xente decepcionouse co PP por incumpri-las súas promesas o mesmo fiscais ca morais –como lle sucedera a Rodríguez Zapatero- e ven Cidadáns como unha alternativa, cunha liña similar pero limpa e un líder atractivo. De feito, se Cidadáns acadou fagocitando a UPyD, partido cun programa máis armado e mellores cadros, é polo mando de Rosa Díez, rostro da “vella casta” fronte a Rivera. Agora, o Partido Popular, con eses ataques, parece a súa propia caricatura: acostumados a teren todo o voto da dereita para eles sós, van enfociñados coma un príncipe destronado ao chegar outra criatura ao seu territorio. Están cometendo erro tras erro e algo, quizais, máis grave en política, están a faceren o ridículo ou, se non, ¿a que ven a baixada de pantalóns de Floriano? 

Te puede interesar