Opinión

FOLLA DE ROTA

Segundo Wikipedia, hai tres teorías acerca do ronroneo dos gatos, mentres está menos claro por que se asocia a cor rosa ao feminino. Por outra banda, son feitos constatados que o carácter das persoas axústase case sempre ao que prescribe o seu signo do Zodíaco, que a xente con ollos azuis acostuma a ser dura e fria, que a pequerrecha, de cotío, ten mal xenio e afán de mando, e que o chocolate resulta un eficaz antidepresivo.


En canto ao poder dos números, é certo, aínda que enigmático. A idea de que o 23 constitúe unha especie de nó no tecido dos días e os sucesos, deu pé a unha película de Schumacher, mentres a malignidade do 6 é proverbial, tanto como a divinidade do 7, sobre todo, en ámbolos dous casos, se o número en cuestión é capicúa. Mistúrense eses saberes, úsese o Tarot para máis seguridade, e xa está un en condicións de investir na bolsa.

Te puede interesar