Opinión

Gañar perdendo

É tempo de análise e reflexión e, pese a que en eleccións a derrota non é unha opción, hai que se mira-lo embigo, se é que o ego o permite, e sacar conclusións. E non pola proximidade das xerais, deben rebuscar no máis intrínseco das estratexias e actuacións ou ausencia das mesmas, avaliando en qué se equivocaron para perde-los votos e en qué atinamos para gañalos, que para iso perde o equipo pero gaño eu. Din que as eleccións nunca se gañan, só pérdense, e é certo que en períodos de crise nos que toca controla-lo gasto e recorta-lo malgasto, o populismo de papá e mamá non é o máis favorecedor para se gaña-lo cariño do electorado. Cando mami e papi nos riñen, enfadámonos, e ata dez ou quince anos despois non o entendemos. Só apreciamos o simple e demoledor feito de que nos quiten o bailao, nos están a prohibir o “guay”, e nos molesta de tal xeito que se podemos elixir, cambiamos ata de pais (menos mal que aínda non hai comicios familiares). En Ourense, notouse o castigo aos últimos anos de xestión na casa do concello, as presas nas actuacións tan preto ás urnas e a falta de memoria nun mandato na que primaba frear e templar.

Nas eleccións municipais acostúmase a votar ao candidato á alcaldía máis que ao programa; outros votan ao partido que acostuman votaren por norma, e os hai quen exercen un voto de castigo. É moi significativo que sendo unha provincia excesivamente machucada polo paro, volvese a gañar o mesmo. Destaca a desaparición do BNG, tal vez polo desvío dos seus votantes a outras forzas ou pola conivencia que mantivo, ata hai un tempo, co grupo socialista. Avecíñase un mandato cheo de incertezas. É o momento de demostrar a cidadanía que os políticos están por riba de criterios partidistas e persoais en canto toca a poñer en orde nesta a nosa cidade.

Te puede interesar