Opinión

O QUE HAI

Na vida se vira nas rúas escenas como as que contemplamos ultimamente: grupos de desherdados de diversas idades, nacionalidades, etnias e procedencias coma unha piña arredor dos contenedores do lixo dos grandes supermercados e pelexando, porque trátase de coller e escoller entre o desperdicio. Non sei se a forza de frivolidade ímonos acostumar a este espectáculo.


O que é seguro é que este sistema está creando unha capa social residual cada vez máis numerosa que dará máis quebradeiros de cabeza do que se cre, porque afectará ao resto da sociedade (aínda que aos de arriba apenas lles toque, tamén pódense ver salpicados nalgunha ocasión). Ante iso imporase man dura e un Estado policial férreo, recortando dereitos e liberdades para xustifica-la 'seguridade cidadá'. A calidade de vida descendeu alarmantemente, froito podrido da suba de impostos e prezos directos e indirectos, pois por exemplo, xa perdimos a conta de onde estaba a gasolina, e a caída dos salarios, redución drástica de ingresos, co que en realidade se están a efectuar varios recortes paralelos. O poder adquisitivo baixou ata límites insospeitados en pouco tempo. Saír a tomar algo é un luxo. De cear fóra xa nin se fala. A xente se resiste a non saír, por a nosa natural propensión, pero a cultura do viño, caña e pincho resíntese. Todo isto está a suceder a diario e o estamos vendo, por moito optimismo que lle botemos ao asunto. É o que hai non o que toca.


Te puede interesar