Opinión

INTELECTUAIS

No grandioso espacio xeográfico de todos os universos posibles hai un inmenso desierto onde habita a ignorancia e, por tanto a sede dos saberes humanos. Pero, está o gran paradoxo da xente que o sabe todo. Danse unhas simples palmadas e saen 'intelectuais', si, entrecomiñas, por todos os lados.


Nun principio os analfabetos eran aqueles que non sabían nin leren nin escribiren. Pero o número agrandouse cando, a nivel internacional, dende os organismos competentes, chegouse á conclusión de que o analfabetismo está en quen non saben interpretar un texto escrito.


Sempre, cando se sacude unha árbore, saen unha morea de paxaros de non sabemos onde. Cando tamén se sacuden a estruturas dunha sociedade, nos seus diversos sectores, aparecen centos de intelectuais, e habería que alegrarse delo, aínda máis cando a súa nómina é tan ampla, nutrida e tan de vangarda. Pero ¿é isto verdade? ¿Non estamos ante moitos intelectuais de libro de peto? ¡E se fosen de libro de peto! Parece que moitos sairon das cavernas ou do deserto da ignorancia. De súpeto. Como da noita á mañá. Como se houbesen estado nun cursiño de formación profesional acelerada para intelectuais. E así hai pseudo-intelectuais instalados en todos os tecidos da sociedade que non poden profundizar nuns coñecementos. Ante eses 'intelectuais' que, no fondo, non son máis que uns fuxitivos que fuxen das súas frustracións, están os verdadeiros intelectuais nos que hai que confiar. E todas aquelas persoas que, dende a humildade, serven á sociedade. E todas estas xeracións, cada vez máis preparadas, que teñen dereito a pedir sitio para a mellor explotación dos nosos recursos naturais e contribuiren á forxa dun mundo mellor no que, de verdade, cremos.


En fin, isto é só unha reflexión, para unha tarde de setembro; trala siesta que nos pide un espertar co que sacudi-las perezas que nos acompañan, incluidas todas esas que, certamente, veñen dunha fútil intelectualidade.

Te puede interesar