Opinión

INXECTÁBEIS A DESHORA

O médico do hospital dixo que non era nada. Tras apalparlle os xeonllos e preguntarlle se sentía dor concluiu que a cousa resolveríase cun analxésico e que non era “radiografiábel”. De madrugada, cando a dor intensificouse e o paciente volveu, porque non podía durmir, o médico de garda escrutou igualmente a zona dorida e pediu radiografías. Nas placas, que xa non o son, senón arquivos informáticos, viu que non había nada extrano. “Cuestión de días”, díxolle, e de descanso. Inxectáronlle un calmante vía intramuscular e puxeron no informe que acudira ao traumatólogo se persistía.

En vez de seguir os lentos pasos de burocracia sanitaria, preferiu consultar a unha traumatóloga amiga, quen o tranquilizou con que non era cousa doutro mundo e, recetoulle unha caixa dos mesmos inxectábeis.


O problema, agora, consistía en ver onde o pinchaban. O home comprou o medicamento e ao saír do traballo, noitiña xa, decidiu ir ao servizo de urxencias do ambulatorio da poboación onde ía durmir, que non era o seu lugar de residencia habitual. Polo camiño xa ía pensando en como aclara-las aparentes rarezas do seu caso.


O enfermeiro ao que preguntou se lle podía poñer unha inxección, inquiriu, sorprendido, de qué se trataba. O home ensinoulle os papeis da súa pequena historia clínica, incluíndo a receta particular, non do SERGAS. O enfermeiro amosouse disposto, indagou os datos no ordenador, fixo as correspondentes comprobacións e lle preguntou: ¿Vde. non é de aquí?. Non, non vivía alí, pero ía durmir preto de alí; de feito, no verán é máis de alí que de aló. Pinchoulle e o home llo agradeceu ao tempo que lle lembraba que tería que volver. O ATS díxolle que fora antes, que o horario das inxeccións era pola tarde, pero o paciente expuso que estaría no traballo, que lle resultaba imposible acudir nesa franxa horaria. Recoñecido e satisfeito, foise convencido de que provocara ás estructuras do sistema; o enfermeiro pensaría: Chegou como desprazado, de noite e sen pedir cita como está indicado, amosa unha receta privada e nin paciente parecía.


Á maquinaria do organigrama, isto non lle gusta, prefire o pautado. Para empezar, se estás enfermo has de estar de baixa, pides cita, vas á hora, segues regras, na sala de espera comentas cos outros pacientes a túa doenza, intercambias experiencias, recolles consellos. O que ten que ser. E se non está de baixa, ao mellor é que non doe tanto como para ir a urxencias. Sorte tiveches que che atendeu unha persoa comprensiva, xa veremos na próxima ocasión.

Menos mal que aforraches ao erario poúblico ao comprar as inxeccións por a túa conta; mágoa que non atines a pincharte ti mesmo no cú; píllate a trasmán e seguro que necesitas axuda.

Te puede interesar