Opinión

MÁIS DEMOCRACIA

Naquel lema dos indignados: non nos representan, había sen dúbida un exceso, unha deslixitimación con certo tufo plebiscitario, pero expresaba unha sensación social. Aínda que non hai democracia sen partidos políticos, o papel destes pode ser moi diferente e, como lei xeral, canto maior espazo ocupen, menor vai ser o do cidadán. O modelo español, con sistema proporcional, premia aos grandes partidos e candidaturas pechadas e bloqueadas, fomenta a partitocracia ata facela axfisiante. Ata agora todas as ideas para reformalo, dando máis capacidade de elección ao votante, atopáronse de fronte cos intereses dos partidos. O referéndum, como complemento de democracia directa, tampouco ten función real en España. O problema de fondo é este: a clase política desconfia da xente tanto como a xente da clase política. Este círculo só rachará con máis democracia.

Te puede interesar