Opinión

DE MAL EN PEOR

Día tras día levántome coa esperanza de que se mellore esta realidade que estamos a vivirmos. Non hai melloría, pola contra, imos a peor, o ano 2012 rematou cunha cifra moi elevada de desempregados (un 25% da poboación) e comezamos o 2013 aumentando cada día máis estas cifras (máis do 26%). Millóns de persoas atópanse sen traballo cunha familia que sacar adiante e sen recursos suficientes para facelo. Familias que antes tiñan unha situación económica máis ou menos axeitada, agora non teñen que comer, perden as súas casas porque non poden pagalas xa que os despediron dos seus postos de traballo, atópanse na rúa e non poden facer nada para cambiar a súa situación.


Resulta triste que xente cualificada teña que emigrar ao estranxeiro en busca de traballo en lugar de aproveitar todos eses coñecementos no noso país e intentar melloralo.


Xa que a quen corresponde non o fai, loitemos por sairmos desta situación e, para non poñe-lo grito no ceo, recomendo non ollar a dedución da retención a conta do IRPF.

Te puede interesar