Opinión

MEDRAR ANTE A ADVERSIDADE

Invadidos, a diario e ao minuto, dun xeito constante, incisivo e agobiante, por unha marea de novas relacionadas coa actual crise, chega a ser unha proeza falar, pensar ou escribir sobre outra cousa que non estea relacionada coa cuestión económica. Nos últimos tempos, non hai conversa ou saúdo na que non introduzamos o tema da baixada de salarios, suba de prezos, hipotecas ou embargos.


Imposíbel unha tertulia de televisión ou radio, sen que se traten cuestións como os dos recortes, redución de xornadas, subas de impostos ou despidos laboráis. Porén, e aínda que non o pareza, non é a miña intención sucumbir a tan xeralizados e insalubres hábitos. Bastante agotados, emocionalmente, estamos xa os cidadáns. E, aínda que o optimismo non nos enche os petos, sempre contamos coa nosa intelixencia emocional é que, ensináronnos a crer que dos problemas apréndese, que as adversidades nos fan fortes e que é enriquecedor poñerse en pé despois dunha caída. Lamentar a nosa mala fortuna non serve de nada. A mellor maneira de sobrepoñernos é motivarnos a continuar, esforzarnos, loitar. Como se árbores fósemos, os galegos temos raíces profundas porque sempre tivemos que emigrar cara ao descoñecido en busca do sustento e isto nos fixo ser máis resistentes ca un buxo. A clave quizáis estea en atopar un xeito de transformar a adversidade nunha oportunidad de crecemento.

Te puede interesar