Opinión

PAÍS!

Nos tempos da ditadura franquista, a minoritaria oposición ao réxime -catro gatos- referíase sempre á España oficial e a España real. Por unha banda, a propaganda triunfalista do réxime; por otra, a España que bulía, viva, cos seus problemas e moi dinámica. Ansiosa de liberdade. Non é totalmente certo. A xente calaba, tragaba e intentaba ser todo o feliz que se pode ser na vida e non 'buscarse problemas'. Tampouco hai que reprochárselo. Con traballar e sacar adiante á famila xa cumpría coa súa permanencia neste mundo cruel.


Realmente, mitifica-lo groso das sociedades, paradigmas de lucidez, sabiduría instintiva, virtudes e valentía, non é máis que un recurso dos políticos e das elites dominantes, que son, en definitiva, quen controlan as idas e vidas da historia. E das sociedades. Candos se lles escapan, momentaneamente, sempre acaban por dobregalas. Son profesionais na materia. E saben cómo manexaren ao respetable. A España oficial e democrática de agora mesmo -e a sociedade- tampoco é moi agradable. Un puñado de políticos, elixidos democráticamente (se lles vota e logo cumpren o seu ideario, ou imcumpren, ou se alonxan del para mantérense no poder, pactando con grupúsculos moi dogmáticos e incluso exaltados con pel de cordeiro) está a poñe-lo país patas arriba. Ou iso lles parece a uns cantos millóns de cidadáns, a esquerda, dereita, centro, adiante e atrás.


A crise económica, enxendrada na época do 'zapaterismo feliz' abusando profusamente da chequeira do diñeiro público ('que non é de ninguén', como asegurou Carmen Calvo, ministra de Cultura entre 2004 e 2007); a narcose separatista CiU, ERC e incluso PSC, antaño un potente partido obrerista e agora tecendo e destecendo, como Penélope, e botando a perder decenas de miles de votantes ao sumarse á megasardana; ou a sobredose de griterío, malos modos ou incumprimento das sentencias (Constitucional ou Supremo: ¿qué máis dá?, España é un país de chulos predemocráticos); ou a corrupción xeralizada do sistema (medios de comunicación inclusive), son só algúns dos síntomas do desfiamento do Estado e dunha sociedade paulatinamenta ágrafa, conectada a toda a panoplia de gadgets electrónicos nada máis quitarse o pixama pola mañá.


España (tamén se cuestiona esta vella e antiquísima denominación) remite en 2013 a varias películas: Mercado de ladróns, O proceso, A cuadrilla dos once, O abominable home da Costa do Sol, Operación Mata Hari ou Sabía de abondo.


Por engadidura, escasean os valores morais e éticos. E a boa educación. E a urbanidade. O túzaro triunfa. A nova cultura xuvenil é o botellón, o alcoholismo e calquera clase de gadgets. Vemos diariamente a zombis na rúa rodeados de cables por todo o seu corpo. E os seus heroes morais non son Henry Fonda (Paixón dos fortes), Alan Ladd (Raíces profundas), James Stewart (Flecha rota) ou Gary Cooper (Só ante o perigo). Non. Son Valdés, Neymar, Messi e os presidentes chourizos de determinados clubes de fútbol.


Non confiamos nada no futuro deste país, unha inmensa verdulería irracional en todas as ordes. A fuxida en estampida protagonizada por unha morea de deputados nas Cortes ao final do mes pasado é un episodio máis do histórico e incurable burricán hispánico.

Te puede interesar