Opinión

O PROBLEMA DO PSOE

Estamos ao borde da quiebra social e ante un cambio de modelo que pode supoñe-la ruptura definitiva do Estado do Benestar. Cimentado ao longo dos anos en toda Europa grazas, porque non recoñecelo, aos gobernos socialdemócratas. Estamos ao borde da explosión social con máis de seis millóns de parados e ante un ataque directo ao Estado de Benestar que tanto costou construír. Os catro pilares básicos da igualdade: a educación, a sanidade, as pensións e a dependencia, están a seren atacados e postos en perigo por parte de quen nos gobernan sen que a ninguén lle treme o pulso. Ademais, o cidadán quédase na rúa por mor do desafiuzamento deses bancos que provocaron en parte a situación actual e que sobreviven grazas ao diñeiro público que o Estado lles facilitou. Estamos perdendo polo camiño dereitos fundamentais.


Estamos guiados por un goberno e por un presidente sustentados por un partido, o PP, ferido nos seus cimentos, con numerosos casos de corrupción e cun grande número de dirixentes desfilando todos os días polos xulgados, e, por riba, pídennos á cidadanía comprensión ante os continuos recortes, e despidos, conxelacións salariais, perdas de dereitos? Estamos ante unha situación que mermou o ánimo dos españois, que conduciu a que o 98% dos nosos concidadáns valore negativamente a situación económica do país. Un cóctel explosivo que pode estourar en calquera momento: paro desenfreado, despilfarro, enriquecimento e corrupción sen límite, crise económica, recortes desmedidos á clase media, ruptura social, aumento da pobreza? E todo elo cun goberno que non soluciona nada, senón que crea máis problemas, que mira cara a outro lado e que coa súa prepotencia segue adiante coas súas políticas antisociais.


Ante esta situación o PSOE, que foi o actor principal dos cambios neste país e da construción do Estado do Benestar, segue sen ser percibido pola cidadanía como unha solución, máis ben como un problema. De feito, en todas as enquisas o PP fúndese pero o PSOE non despega, á contra, segue a baixar aos poucos.


Resulta obvio que algún problema, e serio, teñen os do puño e a rosa. Pero, non só están en xogo a percepción dun dos partidos da oposición como alternativa senón o propio futuro de España. Urxe no PSOE acorda-las relacións co PSC e pechar definitivamente o debate do federalismo. Ten que haber dimisións, a daqueles que coas súas decisión prexudicaron aos fundamentos ideolóxicos e ao propio partido e a daqueles que están imputados ou inmersos en xuízos por presunta corrupción.


E, o principal para gañar a credibilidade perdida, necesítase ademais de medidas valentes, descarga-la pesada mochila que levan ás costas. Iso só o pode facer alguén que nin estivo no goberno nin sentado na bancada socialista, sen cargos nin cargas de alta responsabilidade, sen favores pendentes de devolver, lonxe da primeira liña e, coido que, habelo? haino! Alá eles?

Te puede interesar