Opinión

RACHANDO COUSAS

Non hai tanto tempo, cando España estaba de moda, a súa imaxe internacional descansaba en catro patas: a) o desenvolvemento económico; b) o Rei, como símbolo de estabilidade política; c) Baltasar Garzón, como símbolo de compromiso coa xustiza; d) o noso liderazgo deportivo: a vermella, Rafa Nadal, Fernando Alonso, Alberto Contador, etc. Así ían as cousas, con ou sen razón.


Hoxe o edificio ten fendas, afundiuse unha á completa, algún dos heroes son tratados de viláns e só a vermella (esoutro día branquiazul coma o Celtiña) é aínda intocábel. Dende logo, o tsunami global que desvastou a economía ten moita culpa, pero o que este non fixera nolas arranxamos para facérnoslo nós mesmos, tirando ao xinete do cabalo en canto a armadura perde brillo. A nosa carrocería trae instalado de fábrica un tratamento de corrosión, baseado na envexa, o cabreo e o cainismo, que tralo choque asegura o destrozo completo.


Te puede interesar