Opinión

O SUR DE EUROPA

Aos países ricos de Europa lles preocupa vérense arrastrados polos países chamados pobres. Ás rexións pobres dos países pobres de Europa lles preocupa que se lles abandonen á súa sorte polas rexións e os países ricos de Europa. Nesas preocupacións fronteirizas entre ricos e pobres consúmese a política, o mundo mediático e o debate cívico europeos.


Máis abaixo hai unha fronteira de verdade, que máis que países parece separar dous mundos. O PIB dun país pobre do sur de Europa cuadriplica o dun país do Magreb, e multiplica por vinte ou máis o dun país da África subsahariana. No intento de cruzar esa fronteira, coa súa liña máis delgada nos estreitos (Xibraltar, Sicilia) morreron xa milleiros de pobres e, agora quero dicir pobres de verdade. Aí está o sur de Europa, por máis que poñamos ollos de miope para non vermos máis aló do noso sur de andar por casa.

Te puede interesar