Opinión

Todo trema

O suxestivo xogo de especular entre arte e natureza: ¿qué imita a qué?, ¿qué se anticipa? A fascinación de certo futurismo barroco, hoxe xa clásico, viña da mestura de antigüidade e alta tecnoloxía. O mellor exemplo sería “Dune”, a saga profética de Frank Herbert, que consagrou no cine David Lynch. Relixión e cientificismo, arcaísmo tribal do poder co instrumental técnico máis evolucionado, esnaquizando aquel sentido da historia que avanzaba en bloque polo tempo. Avance e retroceso á vez, e con semellante potencia de aceleración, atrás e adiante. Así se amosan hoxe os xenuínos focos antisistema, de Al Qaeda a Corea do Norte. Pero ¿tamén, ao seu xeito, as puntas de lanza do sistema, de Israel a EEUU, cos seus fondos de armario milenaristas? A razón vacila, chega a pensar se non será ela mesma unha rara fe, unha relixión sen antepasados. ¿E, polo tanto, sen futuro?

Te puede interesar