Opinión

VÍA 3, ANDÉN 1º

Acerca da proposta de Durán i Lleida, Rajoy di non saber qué é iso da terceira vía, e Artur Mas tampouco parece amosar interese nela. Porén (ao tempo remítome), as cousas irán por aí ou ao desastre. Con carácter xeral a vía terceira é unha terra de ninguén entre dous combatientes, na que se pode xogar a algo civilizado, e non a se matar. A vía 3, entre reforma e ruptura, foi a transición española, da que hoxe tantos renegan porque resulta fácil facer poítica en tempo pasado. Se atina na vía 3, aí si pode asombrar outra vez ao mundo España, acreditando que o pasado pasou. Nese caso, a terceira vía é, simplemente, que Cataluña siga formando parte de España, pero doutro xeito, dun xeito hoxe non previsto na Constitución. Canto antes se poñan todos a traballaren no 'andén 1º' será mellor. Por certo, alguén pode explicarme por qué na estación Ourense-Empalme, a primeira vía que hai no andén 1º é a vía 3 e non a 1? Meu pai, que foi ferroviario, foi incapaz de darme unha explicación? e, se me a deu, non a entendín?

Te puede interesar