Opinión

VOGUE VEGA

Hai figuras políticas que pasan sen pena nin gloria e, cando saen da primeira ringleira, ninguén as bota en falta. Penso, por exemplo, en Juan Carlos Aparicio ou en Mª José San Segundo, ¿quen os lembra? Dou unha pista, o primeiro foi ministro con Aznar, e a segunda, santa por parte de pai, con Zapatero.


Porén, hai outros que deixan tal baleiro cando desaparecen dos telexornais, das roldas de prensa e dos titulares ocorrentes con que nos agasallan, que non se pode encher. Iso é o que veño pensando dende hai tempo cunha que foi grande, a máis grande, tanto que só lle faltou o título nobiliario para selo de España. Non estou a referirme a Magdalena Álvarez nin a Cristina Narbona, trátase da supervicepresidenta Mª Teresa Fernández de la Vega.


Entre que ela non está e que o seu posto okupouno, engulliuno, fagocitouno e ata regurxitouno RP, parece que a vida política volveuse máis gris. Cambiámo-lo estilismo da sempre Vogue Vega ao traxe azul e barba de cañóns recortados de RP. Unha perda.


A verdade é que se bota de menos; ¿qué foi dela? ¿Cómo lle vai no Consello do Reino? ¿A que dedica o seu tempo libre? Ela, que foi a Santa Rita, a patrona dos imposibeis do goberno Zapatero, engullindo sapos e serpes do populacho porque Rodríguez Zapatero mandouna de corresponsal a todos os 'seus marróns', agora xace no esquecemento colectivo.


Pois quero reivindicala. Os columnistas viviamos mellor contra Vogue. Os de agora están tan reprimidos, para non quitar plano a Alfredo (RP: Rubalcaba Presidente) que xa non proporciona esa prebe que ata hai pouco 'Blanquito' destilaba. Amén.

Te puede interesar