Opinión

XA CHO DICÍA EU

Tralas catástrofes, os máis listos soltan ese típico 'xa cho dicía eu', aínda que tamén é verdade que é mellor que che avisen por se logo chegan as rebaixas coas súas queixas. Todo vóltase lamento, pero moito peor resulta a indiferencia coa que a sociedade civil contempla as últimas noticias sobre Bankia, Rodrigo Rato ou de Jose Ignacio Goirigolzarri, un prexubilado de máis de sesenta millóns de euros.


Aí queda iso. Entre iso e os 440 euros escasos que cobran moitísimos pensionistas aos que o PP lles prometeu non introduci-lo copago nos medicamentos, hai unha diferencia bastante clara. Por certo, os 10.000 millóns que van recortar en sanidade coinciden xustamente cos que pretenden inxectar na entidade financeira. Algúns cínicos o xustificarán dicindo que 'a vida é así, que sempre houbo clases, que uns o gañan co sudor da súa fronte e outros son uns parásitos, ou que xa está ben de tanta sopa boba'. O peor é precisamente iso, que exista tanta xente con este chip inxusto introducido no cabazo, inhumano, capaz de xustificar este tipo de despropósitos, disparates ou tropelías, ¿non lle remorde a conciencia? Ademais, ¿non parece cada día máis rara a vida cotiá, esa que loita por chegar a fin de mes e ten que aforrar unha morea de euros? ¿terá que chega-la fame para que haxa unha rebelión popular? ¿teremos que pasa-las fatigas doutrora, desas que nos contaban os nosos avós, como na postguerra ou antes da guerra? A este paso pode pasar calquera cousa, pero parece que ningunha vai ser boa.

Te puede interesar