Opinión

XA FOI

Como se fose un embarazo de longa duración. O electorado decidiu o que preconizaban todas as enquisas, incluso as do propio PSOE. Esta vez, foron moitos os que gañaron, vexamos: PP, o indiscutíbel vencedor destes comicios; cos conservadores hai que aliñar a CiU, IU, Amaiur, PAC e UPD, que aumentaron con notoriedade a súa representación; mantéñense máis ou menos co mesmo número de escanos BNG, CC, EAJ-PNV, e quen cae estrepitosamente é o partido que sostivo durante esta última lexislatura unha política sen sentido, que priorizaba o interese partidista ao xeral; o PSOE foi o gran perdedor destas eleccións xerais. Avecíñanse tempos difíciles para o socialismo e para os seus dirixentes. O PSdeG baixou un corenta por cento no seu número de escanos, é o segundo resultado negativo que ten o seu máximo responsable e, en España, compre un debate interno, profundo e sereno. Haberá que romper coa bicefalia e, para a próxima primavera, celebrar un congrexo extraordinario que permita apuntalar as ilusións de moitos cidadáns.


Pero, ante a realidade que nos toca vivir, é responsabilidade de Mariano Rajoy configurar, alá polo Nadal, un goberno (como xa advertiu) “cos mellores”; lonxe de recorrer á territorialidade e de porcentaxes pola igualdade, un goberno de marcado carácter europeísta que sexa capaz, a medio prazo, de retrotraernos á bonanza económica. Toca xa rematar dunha vez por todas co superfluo, somos conscientes de que hai que tomar medidas nada agradábeis para o electorado pero que han de precisaren da complicidade de todos. Hai que ir a modo; cómpren axustes e recortes pero, co Estado de Benestar hai que usa-la lima e desbota-las tesoiras. Os chamados as urnas provocamos un parto que non tivo complicacións, nen sequera houbo que botar man nin dos fórceps nin da ventosa. Entre todos, fumos capaces de poñer a cada un no sitio que merece, aínda que cabe unha reflexión: ¿cal foi o motivo que levou as urnas máis votos ao Congreso có Senado? Ahora, xa foi …

Te puede interesar