Opinión

XEITOS DE VIVIR

Os norteamericanos inventaron a frase 'American way of life' para acuñaren, como sinal de identidade e argumento para seguir sendo o que son, o seu xeito de vivir. É unha bandeira que axitan no aire cando fai falta, que lles leva a defendérense ou atacaren, e que funciona de inmediato na maioría das mentes. A das barras e estrelas é só o símbolo gráfico do 'xeito de vivir americano'.


Hai tamén un xeito de vida europeo, caracterizado polas liberdades e dereitos civís, o igual acceso á educación e sanidade, unha lexislación laboral protectora, o respecto á diversidade, a defensa do medio ambiente. É un xeito de vida que Europa ten dereito a defender, pero fáltalle vontade para elo. No fondo, o desarme de Europa ante a competencia de países que non teñen os custes do Estado de Benestar pode que leve ao carallo o seu xeito de vida por non sabelo defender.

Te puede interesar