Opinión

Camiño de obstáculos

Un neno metido a cantante, Raulito, e un grupo de adultos de profesións que presentan heteroxeneidade: Juan Luis Galiardo, María Barranco, Teté Delgado, Pablo Carbonell, Chiquito de la Calzada e Juan Valderrama, tratan de sobrevivir a diario a costa do talento dun neno prodixio. José Luis García Sánchez, director da película Franky Banderas, escrita por Rafael Azcona,, di que o filme “é un disparate. Vivimos nun mundo tal que o simple feito de retratar a sociedade implica unha crítica tremenda”.

A vida dos protagonistas de Franky Banderas está sempre ó límite. Leituga (Galiardo), pallaso e actor en paro, malvive contratado para festas infantís a domicilio ata que a fortuna pon nas súas mans a Paquito (Raulito), un neno cantante. Leituga decide apadriñar ó seu protexido e tras bautizalo co nome de O Xílgaro de Madrid, lánzase á promoción do neno nun camiño salpicado de obstáculos, un camiño que acaban percorrendo xunto a toda unha serie de personaxes rescatados da tradicional picaresca española.

Juan Luis Galiardo di que Franky Banderas é “unha película coral que entronca coa novela picaresca, unha novela de superviventes que viven en gremios”. O director do filme explica por qué decidiu realizar unha comedia coral: “En todos os nosos momentos especiais os españois retratámonos en grupo. Ó carácter coral súmase en Franky Banderas un argumento de construción estraña, pero que abunda en episodios tomados estritamente da realidade”.

María Barranco, que interpreta á nai do neno, di sobre a película que lle gustaba pola “combinación de acidez e tenrura. Os personaxes somos unha panda de desgraciados pero a partir da figura de Raulito deixamos de estar sós”. Unha boa lección, segundo a actriz, nestes tempos de individualismo.

Xunto a Raulito figuran no cartel da película Juan Valderrama e Pablo Carbonell, un actor que, segundo García Sánchez, só interpreta dous tipos de papel, ou de protagonista ou unha breve aparición como secundario. Franky Banderas non é unha gran película, pero tampouco é un mal filme.

Te puede interesar