Opinión

Escoitando un álbum

Estou escoitando o álbum "Cosmopoly", de Andreas Vollenweider e a verdade é que relaxa abondo. Ás veces incluso tanto que penso que vou flotar. O que demostra que a música é unha arte máis que marabillosa. Un tema pode poñerte frenético e o seguinte tranquilizarte. Cun tema podes bailar pegadiño e co seguinte choutar como as cabras e sen vir a conto. Un tema musical pódelo escoitar coa conciencia tranquila e o seguinte pode a carraxe subirche polas entrañas. A música amansa ás feras. É verdade. Pero tamén é certo que pode converter a un nun salvaxe con catro metais e moitas ganas de desbocarse. Tamén se ten dito que cada momento ten o seu tema musical ou algúns temas musicais teñen o seu momento. Poida que si. Hai momentos nos que a música non pode ser outra que catro baladas ben cantadas ou catro trompetas ben tocadas. En "Cosmopoly" reina a tranquilidade nesta noite de primavera na que os seus temas relaxan o meu corpo logo dun día de moito bregar, de moito labrar.

Te puede interesar