Opinión

Fábrica de soños

Pódese dicir que dúas películas viven no interior de “Open range” (2003). Unha, a mellor, é un western de corte clásico, moroso e con pretensións épicas, que regresa ós mesmos escenarios de tantas películas do oeste: o enfrontamento entre transportadores de gando e gandeiros sedentarios, a vinganza necesaria onde non impera a lei, a dura vida ó aire libre daqueles “centauros do deserto” cuxa vida cotiá seguramente era dunha exemplar rutina, pero que as historias do máis épico dos xéneros clásicos acabaron por converter en avatares míticos.

Nesta, digamos, subpelícula todo está orientado, como nos mellores westerns de enfrontamentos cara unha resolución longa, á que se lle encarga non só que clausure o relato, senón que o faga poñendo a axioloxía no seu lugar: que trunfe a xustiza, que alí onde aínda reine a barbarie e a lei do máis forte se acabe impoñendo o xerme da civilización. Se non de inmediato, polo menos nun futuro perfectamente intuído.

Aí está o mellor do esforzo de Kevin costner, un home que regresa ó territorio coñecido, o western (para iso a súa mellor película segue sendo “bailando con lobos”), escaldado dos paus que recibiu, de crítica e público, por títulos certamente nada desprezables (“Waterworld”, pero tamén por brodios fronte ós que toda descualificación se- mella benévola: “o mensaxeiro do futuro”, sen ir máis lonxe. o seu oficio no xénero apréciase no que sen dúbida é o maior logro do filme, aquel polo que será recordado no futuro: pola preparación e o estremecedor, brutal e ó tempo impresionante realista tiroteo final, tal vez o mellor rodado en toda a historia dun xénero que se de algo pode xactarse é de ter unha traxectoria longa e moi fecunda.

O demais é xa máis discutible. Porque a segunda película que aniña en “open range” está marcada por unhas intencións de autor estoxadizas e excesivas. Pero a pesar de todo, o filme merece verse polos motivos xa ditos e tamén polo extraordinario Robert Duvall, que dá un dos recitais interpretativos máis completos de toda a súa carreira. 

Te puede interesar