Marcando territorio

Marcando territorio

Que é unha fronteira? Non debería haber fronteiras! Malditas fronteiras! O ser humano é ser humano tanto en Ferrol como en Manila, en Baños de Molgas como no Sáhara. Non obstante, deixamos que a cor da pel nos inflúa, que a vestimenta dun pobo nos altere e que as costumes as tomemos como insultos. Maldito ser humano! Non hai maneira. Non hai maneira de que convivamos todos xuntos. Iso só ocorre en algúns momentos de moi pouquiñas películas. A realidade amosa un mundo cruel e resentido. E ante todo, envexado. Queremos mandar nunha porción de terra que non é nosa, que nos puxeron aí. E marcamos territorio. Como os animais. Somos animais. Por que o que facemos nós é emigración e o que fan outros é invasión? Malditas fronteiras! Ás veces penso que debería chegar o diluvio universal e que limpara todo o que tivera que limpar, é dicir, todo. E empezar de cero. Ou sexa, sen o ser humano. Porque o ser humano é un animal que axiña marca territorio. Non vaia ser que... Con que dereito marca territorio. Se non é del. E se o conquistou, por que o conquistou? Ansias de poder. E o que pode, marca territorio, pon fronteiras, levanta muros e soergue valados, ou sexa, implanta odios ou xenreiras ou animosidades ou fobias.