Opinión

Pintar a mona

Dous ou tres espirros ó aire. Estarei a arrefriarme? Coiro de pita. Jazz de Duke Ellington. E a noite que está pecha. Porque é noite e porque está moi nubrado. Tantas canles televisivas, e non teño ningunha película para ver! Das tres ou catro que botan, xa as vin; algunhas incluso máis dunha vez. Manda truco en Baños de Molgas! E con todo o cine mudo que hai por aí. E con todos os clásicos dos anos 30 e 40. Xa non espirro.  Doulle no youtube a "saltar anuncio" para seguir escoitando a Duke Ellington.

Hoxe tocou Duke Ellington. Mañá tocará, por exemplo, Bud Powell ou outro calquera. Polas noites, primeiro, jazz e, despois, se sigo co ordenador, outra música calquera. O caso é escoitar música mentres escribo os relatiños para Pingas de Orballo e mentres fochico pola internet, é dicir, polo feisbuq. Como diría aquel; que todo sexa por pintar a mona. Por certo, ás veces non vos é nada fácil pintar a mona. Hai que ter arte para dicir trapalladas e quedar tan pancho.
 

Te puede interesar