Opinión

POR TI, NAI

Tarde de defuntos. Máis morto ca vivo. Por estar pechado na casa. Isto sempre me matou. Son de saír. Xa o dicía a miña nai: a ti non che cae a casa encima. Cómo non, hoxe pensei na miña nai. Non puiden pasar a visitala ao cemiterio, pero si pasei hai catro días, coa familia. Leveille flores.


De viva nunca a agasallei con flores. De viva case nunca a agasallamos con nada. Nin tan sequera con bicos, porque... porque iso non se daba, non era costume. Tamén é verdade que o mellor regalo para unha nai é a presenza dos fillos. Para a miña, tamén algunha que outra oración. Adoito rezar por ela, ou polo menos pensar nela. Tarde de defuntos. Vai por ti, nai.

Te puede interesar