Opinión

Ciclo do Entroido 2008

Xa estamos no ciclo do Entroido. Tratase dunha festa movible que sube e baixa. Este ano a festa do Entroido cae moi baixa pois xa comenzou o día 13 de xaneiro co Domingo Fareleiro ou Borrallento. Estamos nestes días as portas do Entroido: No Castro de Caldelas ábrense as portas do Entroido o día de San Amaro (día 15 de xaneiro e repítese o día de San Sebastián 19 de xaneiro). Na vila de Verín, día de San Antón de Abades, 17 de xaneiro, e na de Verín, o día de San Sebastián, 19 de xaneiro. Neses días saen por primeira vez os Cigarróns na vila de Verín, os Irrios Peliqueiros no Castro de Caldelas e as Pantallas na vila de Xinzo. Isto indícanos que noutras datas os aspectos relixioso e profano formaban un todo e tamén que as raíces do Entroido están na liturxia.


O ciclo completo do Entroido componse de: 1.Domigno de Fareleiro ou Borrallento que este ano foi o 13 de xaneiro. Este día ábrenselle as portas ó Entroido que se paseará por vilas e pobos deica o martes de Entroido. É a presentación da festa. Faise o meco que e o pregoeiro do Entroido. Trátase dun boneco feito de palla ou de farrapos que se ata ó cruceiro o se dependura dunha árbore e poense nun outeiro ou nunha encrucillada. No alto de Allariz e no do Paraño póñense os mecos espichados na punta duns paus. Os mecos son os mensaxeiros da festa.


2.Domingo Oleiro que este ano correspondese co 20 de xaneiro. Ese día faise o xogo das olas ou das cachelas. As xentes poñense en corro na eira ou na praza do pobo e as olas van pasando de uns os outros. O que a deixe caer penalizase co pago dunha rolda de viño.


O xoves de Compadres, que este ano é o 24 de xaneiro (trátase dun xogo fecundante ou dunha loita de sexos). O compadre é un boneco feito de palla, cartón ou papeis. Un persoeiro masculino. As rapazas levan o compadre coa intención de queimalo e prodúcese un enfrontamento entre rapaces e rapazas (Loita de sexos).


3.Domingo corredoiro que este ano é o 27 de xaneiro. Neste día faise a corrida do galo e léese o seu testamento. Noutros sitios dependurase un, enterrase deica a cabeza e os rapaces xogan á pita cega ata matar o galo.


O xoves de Comadres, que este ano é o día 31 de xaneiro. (Ven se-la revancha do xoves de compadres). A comadre é un boneco feito de trapos ou de palla. Os rapaces levan a comadre e as rapazas loitan con eles para non a deixar queimar. (Loita de sexos). 4.Domingo de Entroido, chamado tamén Domingo Grande ou o cume do Entrido, este ano é o día 3 de febreiro. Neste día case que todo está permitido. Trátase dunha subversión ou unha ruptura das formas sociais. Aparecen os disfraces, as máscaras e faise a procesión co meco deica a aira ou a praza, dependurase dun corredor ou dun balcón para que presida a festa e tamén se fan desfiles de carrozas e de comparsas.


Luns e martes de Entroido, que este ano son os días 4 e 5 de febreiro. Días de ledicia para todo o pobo: son días de máscaras (os Piliqueiros de Laza, os Irrios de Castro Caldelas, as Pantallas de Xinzo, as Madamitas e os Madamitos, os Cigarróns de Verín, os Felso da Garabás, Os Charrúas de Allariz, os Boteiros, os Lardeiros).


Mércores de Cinza ou enterro da sardiña. Este ano é o día 5 de febreiro. Unha procesión ritual. Mofa dun enterro. Lectura do testamento do meco. Sermón do meco feito por un crego. Queima do meco: Chorai, nenas chorai, chora, chorai, chorai, que o Entroido xa se foi e vámolo enterrar.


Todo remata o domingo de Piñata que este ano coincide co día 10 de febreiro.

Te puede interesar