Opinión

Foi pol-a súa arte

Artigo publicado en La Región o 1 de novembro de 1920

A primeira esposición que Castelao fixo n-Ourense foi unha esposición de acuarelas que desenrolaban temas da terra e do mar do noso país. Había alí, entre outras moitas cousas,lamina.pdf_web unha praia que se ollaba por entre os troncos dun arboredo; a auga mariña tiña a coor e a feitura que lle presta o temporal, e un mariñeiro, vestido de azul, cangados polos anos, pol-os traballos e pol-a forza do vento camiñaba praia adiante. Había tamén uns piñeiro que alcendían en lume as súas frores ao paso do Santo Viático, unha fiestra aberta que deixaba mirar un ceo azul e unha póla de cerdeira frolescida, e logo adros de eirexas e probes a pediren esmola, e festas como as que cantaron xa os poetas dos Cancioneiros.

Ninguén podería alcontrar naquela esposición a man reitora dun maiestro en técnica píctórica, nin ningunha preocupación de escola, nin ningunha servidume con respeito á moda, nin un sinal xiquera dun influxo alleo porque naqueles cadros soio estaban Castelao e Galiza. O Castelao co seu grande amor e a Galiza coa súa inmensa e incomparable fermosura.

E foi diante daquil mar e daquiles piñeiros, diante dos labregos, don mediños dos pazos e das eirexas, onde o meu corazón, tremando de ledicia e de tenrura emprincipiou a bater no meu peito pola terra que me vira nacer.

(A exposición a que se refire, segundo nota de La Región do día 1 de novembro de 1920, estaba formada por unha ducia de obras e foi exposta no salón do “Club” durante un par de días. Coincide coa saída da revista Nós.)

Te puede interesar