Opinión

Os porcos na eira

Limeres (Cerdedo, 1926). ¡Paco, hoxe non merendas por non facer os traballos que che mandou o avó Lisardo. O raparigo botouse a chorar e fuxiu á carballeira das Garridas, onde se agachaba cando liscaba de alguén. Dende ese refuxio observou que os porcos das Carballas saian da corte, aproveitando que a cancela quedaba aberta o rachar o parafuso polo empuxe dun gorrino. Un sorriso malicioso iluminou a súa cara. Os porcos gozaban do millo que quedara na eira despois da malla do trigo. O neno, cheo de felicidade por ser o único que sabía onde estaban os róselos, berroulle aos que estaban buscando aos márraos: “Están os porcos na eira e non volo digo!”

Madrid (Decembro de 2023). Santiago Abascal, líder da ultradereita, dirixíndose a Alberto Núñez: “¿Sabe cuántas veces me han exigido en directo, en televisión, que condene una foto suya con una persona por la que de manera injusta le querían relacionar a usted con el narcotráfico? Yo nunca me sumaré en el futuro a esos linchamientos...” Os porcos seguen na eira.

Madrid (23 de febreiro de 1981). Un rapaz de 20 anos e de orixe humilde estudaba Dereito en Santiago de Compostela coa convicción de chegar a conquistar o mundo escalando lentamente para non cometer erros que lle impediran acadar a meta. Unha nova acaparaba aquel día os xornais impactando no mozo, de tal xeito que transcorridos 42 anos dende que algúns militares e gardas civís intentaran un golpe de Estado, o vello mozo non pode deixar de comparar ámbolos dous acontecementos resumindo o impacto dos feitos coa frase lapidaria: “Es la sesión más triste y decadente desde el 23 de febrero de 1981”. Nembargantes, a imaxe que lle quedou gravada ao Vello MiIenario de aquel funesto día foi o terror dos deputados no Congreso, que perdendo a compostura botáronse ao chan co medo de ser feridos. Só tres representantes da soberanía popular: o presidente do Goberno, Adolfo Suárez Illana; o vicepresidente e seral Manuel Gutiérrez Mellado, e o líder comunista Santiago Carrillo Solares mantivéronse en pé.

Madrid (Decembro 2023). A tristeza e a decadencia do aspirante a presidente do Goberno no ano 2023. É que en 1981, ningún dos tres dignos patriotas era o carismático Dybala, que seguiu no chan do Congreso como calquera young pig.

Te puede interesar