Opinión

A porta estreita

“Esforzádevos a entrar pola porta estreita, 

porque vos digo que moitos tentarán 

entrar e non poderán” 

(Lucas 13:24)


O camiño dun cristiano non é un camiño sinxelo. Afastarse da corrución do mundo non é algo natural. Pero para entendelo ben hai que ter presente un concepto actual que socialmente soa a rancio: o pecado. O problema é que a natureza humana foi contaminada polo pecado e está tamén presente nas nosas mentes. Forma parte da dimensión espiritual do ser humano. Poderemos evitar prácticas que non agradan a Deus (moitas delas están enumeradas en 1ª Pedro 4:3) pero ningunha cousa poderemos tirar dos nosos pensamentos e dos nosos corazóns. É por iso que entrar pola porta estreita é buscar o perdón de Deus, e seguir o seu camiño. A fe sen obras é morta. Poderemos dicer que temos moita fe en Deus pero se El non muda as nosas mentes e non mudamos de vida, seguimos sendo escravos do pecado. O versículo de hoxe continúa decindo que cando se peche a porta, os que chamen nela decindo “ Señor ábrenos”, a resposta será: “non sei de quen sodes”. E non haberá excusa.

Te puede interesar