Opinión

Amizade verdadeira

“… chamareivos amigos, porque deivos 
a coñecer todo o que escoitei do meu Pai”
 
(Xoán 15:15)

Cada vez é máis complexo ter amigos. Entre as cualidades están a fidelidade e confianza, pero hai algo que moitas veces queda no esquecemento: o coñecemento e as relacións persoais. O grado de coñecemento persoal de Xesús cos seus discípulos era tan intenso, que puido contar a mensaxe que o Pai lle encomendara. Nesa altura, o trato era moi estreito e a comunicación con eles moi íntima. Os amigos chámanse, falan e en cada situación, comparten tempo e emocións. É por iso que a través da leitura da Biblia temos coñecemento dos atributos de Deus e da súa persoa. Porque Deus atende a cada persoa en particular, e o seu amor reflítese nas verbas de Xesús, cando nos trata como amigos. Cando ollamos no Antigo Testamento a dureza da xustiza de Deus, pensemos que esa xustiza cumpliuna no seu Fillo Xesuscristo, que nos amou desde antes de fundar o mundo.

Te puede interesar