Opinión

Comerciando con Deus

“Rogade ao Señor por min, que ningunha 
destas cousas que dixestes se me veñan enriba!” 

(Feitos 8:24)

Lembran vostedes a historia do pasado venres ? Falábamos de Simón, o mago que quixo mercar o Espíritu de Deus. E iso nos leva a pensar en todos aqueles que dunha ou doutra relixión, queren fazer negocio con Deus. Uns falan mal de Deus, mostrando un ser vengativo, cheo de ira, xusticiero e falto de misericordia. Outros mostran a un Deus que só da recompensas económicas cando ti das a décima parte dos teus bens. Algúns apelan a que noutra vida serás feliz se fas o que eles che impoñen, e un longo etcétera de empresas supostamente acreditadas polo “selo de Deus”. Pero ao final todos teñen o medo de Simón metido no corpo.

No versiño de hoxe lemos que Simón pide a Paulo que o que profetizara del, que por favor, non se cumpra. Pouco lle importaba seguir enganando, ou dito doutro xeito, seguir comerciando co nome de Deus. O que quería era non ser castigado por Aquel que é verdade e AMOR.

Te puede interesar