Opinión

Estatua de sal

“Entón a muller de Lot ollou para tras e ficou convertida nunha estatua de sal-” 
( Xénesis 19:26)

Este versículo sitúanos na destrución de Sodoma e Gomorra. Topámonos cunha frase moi coñecida pero que deriva en significados diversos. Cando en México lle dín a alguén que non revolva en cousas onde non debe mirar, falan coa advertencia de poder ficar como unha estatua de sal, é dicer, sair mal parado. Pero noutros países coñécese a frase e non ten esa connotación. No Midrash  ( comentario xudeo do Talmud) danse datos da muller de Lot que non aparecen no texto bíblico, e cadaquen ten a súa interpretación. A realidade é que as cidades destruídas vivían económicamente do sal. O feito de ollar para tras era botar de menos os bens materiais e tirar a mirada de quen facía xustiza destruíndo o pecado. Xesús tamén dixo, desanimando aos que non querían seguilo de corazón: “ Ninguén que pon a man no arado e mira para atrás é apto para o reino de Deus” Lucas 9:62

Te puede interesar