Opinión

Hipocresía sen límite

“Por que me chamades Señor,
Señor e non facedes o que vos digo?”

(Lucas 6:46)

O primeiro que imos facer hoxe é contextualizar este fermoso versículo. Estamos nun entorno natural e Jesús fala da súa doctrina con moita claridade. Os exemplos que pon, son propios dos paisanos de Israel pero tamén hai xente de Jerusalém, Tiro e Sidón. Así, despois de baixar do monte, que segundo a tradición era o Monte das Benaventuranzas, situada ao norte del Mar de Galilea, perto a Capernaúm, Jesús conclúe a súa mensaxe decindo: non todo o que me chama Señor, Señor, entrará no Reino dos ceos. Como vemos o evanxelista Lucas (médico de profisión) é máis coidadoso que Mateo ao recoller as palabras do mestre, pero os dous din o mesmo. E conclúen dicindo que se algún escoita as palabras de Jesús e as pon en práctica, será semellante a un home sabio que edificou a súa casa sobre a rocha. Esa rocha tamén é Jesús; onde todas as persoas deberan edificar a súas vidas.

Te puede interesar