Opinión

Luces sen luz

“Eu son a luz do mundo; o que me segue 

non andará en tebras, senón que terá a luz da vida” 

(Xoán 8:12)


Neste tempo do Nadal podemos ver os esforzos que fan algúns por encher de luces as cidades. Aínda que animan ás rúas o sentido do Nadal é distinto. As luces que nos iluminan non nos deixan ver os corazóns tristes na procura de ser felices e de ter paz no interior. No episodio da muller denunciada por ser adultera ( o home no fora denunciado), Jesús di aos fariseos que ningún dos que alí estaban crían nel, nen sabían quen era El.

Esa luz verdadeira que alumea a todas as persoas que veñen ao mundo( Xoán 1:9) pode encher de felicidade a todos os que se acheguen a El. Jesús nace outra vez nas vidas das persoas, porque El non quere que ninguén ande en tebras, sen coñecer a verdade. El é a luz de vida que pode tirar fora todo o que nos esclaviza cando cremos nel e nos arrepentimos. Iso é nacer de novo.

Te puede interesar