Opinión

Mulleres esquecidas II

“Tendo vivo o recordo da túa fe non finxida, 

que habitou primeiro na túa avoa Loida…” 

(2ª Timoteo 1:5)


No Novo Testamento podemos atopar a Paulo falando ao seu discípulo Timoteo en dúas cartas cheas de consellos e agarimo. Por ellas sabemos que tanto Saulo de Tarso ( logo sería Paulo o apostol) como Timoteo tiñan un pasado de tradición. Un deles na cátedra de Gamaliel e Timoteo na fe da súa avoa. Aquí aparece a muller esquecida que Paulo lle quere lembrar ao seu discípulo. Tamén lle fala da súa nai Eunice e de como lle ensinaron o camiño da verdade. Esa verdade está nunha persoa que despois de entregar a vida polos demáis, a morte non tivo poder sobor del. Esa persoa é Jesús. Pero calquera de vostedes puidera pensar que se cada un ten a súa tradición, debera seguila sen pensar. Saulo de Tarso tivo que achegarse a Jesús, enfrontándose aos sacerdotes e mudar de Camiño. Timoteo xa estaba no Camiño. E onde estamos cada un de nós?

Te puede interesar