Opinión

O día de repouso

“Lémbrate do día de repouso para santificalo” 
(Éxodo 20:8)

Unha cousa é estar de vacacións e outra moi diferente é gardar o día de repouso. A relixión dos xudeos elevou o día de repouso a un rito de idolatría semellante a moitos outros. Nos dez mandamentos da lei Mosaica estaba ben claro que un día ( para os xudeos o Sabath) debía estar dedicado a Deus. Para evitar que continuasen traballando sen preocuparse de manifestar a presenza de Deus neste mundo. Non chegaba con decilo, había que materializalo con feitos que acompañaran as palabras. Pero eles, os ortodoxos máis radicais, decidiron que non se podía conducir, falar por teléfono, romper un papel, cociñar, tocar o diñeiro, regar as plantas ou prender as luces se son eléctricas. 

Cando Jesús sanou a unha persoa no día de repouso foi perseguido polos xudeos. É que non santificaba o día? É que traballaba no Sabath? De ningún modo. O que facía era manifestar a presenza de Deus no mundo, que era xustamente o que o mandamento ordeaba. Por iso a hipocresía enche as relixións de preceptos, normas, dogmas e regras que son contrarios á liberdade que Deus da. Santificar o día de repouso non é cesar as actividades e vivir de costas a Deus. Moitas veces podemos gardar o dia de repouso un domingo, ou un luns ou un sábado. Hai quen fai distinción entre día e día ( Romanos 14:5), pero o día de repouso é un día no que Deus debera ter todo o protagonismo nas nosas vidas. Sen lucimentos persoais de que o estamos a gardar.

Te puede interesar