Opinión

As palabras de Xesús: O bautismo

“… permítemo agora, porque convén que cumpramos así toda xustiza” 
(Mateo 3:15)

Descubrir a Biblia é achegarnos á figura de Xesús, o fillo de Deus. As súas palabras son importantes para os que cren, e mesmo para os que non cren, pois en toda a cultura, a literatura, música, pintura e escultura están presentes coa súa mensaxe de amor. É por iso que comezamos unha etapa para entender as frases que Xesús pronunciou. A de hoxe está no contexto do seu bautismo. Só podo ver a Xoán bautizando a Xesús no río Xordán e, como El era sen pecado, Xoán dille que non precisa dar ese paso. Xesús fala de xustiza, porque quixo identificarse coas persoas e dar exemplo de que cada home ou muller que se achegue á xustiza de Cristo Xesús, morrendo e resucitando con El, terían unha vida nova. A xustiza de Deus cúmprese en Xesús con beneplácito do Pai e a presenza do Espíritu Santo.

Te puede interesar