Opinión

Profetas na súa terra

“Non hai profeta sen honra agás na súa propia terra, 
e entre os seus, e na súa casa” 

(Marcos 6:4)

Cantas veces lembramos esta frase de Xesús de Nazaret? É tan coñecida que moitos esquecen que foi el quen a pronunciou. Pero falemos do contexto no que a dixo. Xesús estaba nunha sinagoga de Nazaret, onde todos o coñecían pois alí pasara a súa infancia. Despois de ler un texto do profeta Isaías, os que foran os seus veciños, estaban ollando para ver que decía ou facía. Cando lles dixo que a profecía se cumplía ese día na súa persoa, enchéronse de carraxe e quixérono botar por un precipicio embaixo. Se outro profeta llo dixera probablemente acreditaban nel, pero o profeta era coñecido e non o honraron. Esto sigue a acontecer cada día e o texto paralelo de Lucas 4:24 explícao con outras palabras: “ Con toda verdade volo aseguro, que ningún profeta é ben recibido na súa propia terra”. De tal modo que non puido facer moitos milagres en Nazaret, onde só sarou algúns doentes.

Te puede interesar