Opinión

A propósito de Baldomero Moreiras

Nun entorno incomparable como Celanova, sempre lucen mellor as obras dos artistas que expresan sen reparo, o interior do seus corazóns. Neste caso estamos a falar de Baldomero Moreiras e o seu traballo de cartaces, titulado “ Carteis, cartaces, affiches” expostos na Fundación Curros Enríquez e baixo o comisariado de Olga Pastor. O día 3 de agosto de 2023 inaugurouse a exposición baixo a atenta mirada de amigos e outros artistas e cun numeroso público que abarrotou a sala. Entre as personalidades presentes estaban o alcalde da vila e representantes da Deputación de Ourense.

A obra de Baldomero está chea de creatividade e dinamismo, compromiso e admiración, chea de cor e na composición espacial axeitada para cada momento ou ocasión. Desde a adecuación a cada evento que ten que anunciar, propósito de todo cartaz, inclúe elementos representativos ben hilvanados. O caos ordenado no espazo e no tempo cumple a súa meta de integrar elementos que nun principio puidesen parecer dispersos ou disoantes. A técnica, explicada por críticos como “simple”, goza dunha dimensión extraordinaria ao alcance de todos os que queren afastarse dos grandes debuxantes e mergullarse nas artes plásticas sen rubor a enganarse a eles mesmos, por non acadar cotas de pulcritude, que por outra parte, ben puidesen ser innecesarias no arte. Deste modo poden acompañar obras pictóricas da talla de Pablo Picasso ou Joan Miró. Aínda lembro as liortas dialécticas dos máis puristas do Museo do Prado, cando non imaxinaban ter a Picasso como un dos grandes do século XX. Decían que non tiña técnica, que iso non era pintar, e outras consideracións que hoxe fican obsoletas e ridículas. Cando a un artista se lle denominaba de técnica “sinxela”, agromaban as descalificacións máis crueis e ruíns que poidamos imaxinar. Hoxe, por fortuna, todo ten mudado. A técnica é un medio que axuda á realización da obra, porén a creatividade e o equilibrio cromático é outra parte fundamental, que os que a dominan, como Baldomero, triunfan e sorprenden ao espectador curioso. A presentación rematou cun momento musical dun dúo de dúas mozas con clarinetes que interpretaron a dúas voces temas populares, ademáis doutras pezas doutros xéneros musicais. Despois houbo un viño no patio da Fundación, e o artista dedicou un pequeno libro da exposición aos asistentes que o adquiriron.

O entorno festivo das festas da Ramallosa de Celanova, no que non podemos esquecer o programa musical que dinamiza as xentes, aos emigrantes retornados, aos visitantes e xunta ás familias, enriquécese aínda máis con esta exposición que estará aberta ao público até o día 28 de setembro de 2023 na Fundación Curros Enríquez. Un motivo máis para visitar a fermosa vila de Celanova. 

Te puede interesar