Opinión

Xesús vive!

“Por que buscades entre os mortos a quen está vivo?” 
(Lucas 24:5)

Aínda que o capítulo relativo á resurreción de Xesús é o de 1ª Corintios 15, os evanxeos citan o evento da resurreción con moitos datos que apoian a súa veracidade. Con independencia dos argumentos empregados por Pablo na carta aos corintios, houbo moitos centos de persoas que viron a Xesús vivo, despois da súa morte na Cruz de Getsemaní. Este feito foi relatado por algún dos historiadores contemporáneos, porén calquera pode argumentar que xa pasaron máis de 2000 anos e aínda non voltou á terra. Se ollamos con coidado as Escrituras, podemos ver que 750 anos antes do seu nacemento, xa estaba profetizado polos profetas e todo se cumpliu con exactitude. É por iso que non encontramos profecías inexactas na Biblia. Outra cousa é como a interpretan algúns. Pero para iso tamén estamos avisados: “ Entón se alguén vos di: “mirade aquí está o Mesías... non lle creades Mateo 24:23 El voltará á terra porque está vivo, e voltará cando ninguén conte con El.

Te puede interesar