Opinión

Xulgando aos demais

“Por que miras a palla no ollo do teu irmao e non ves a viga que tes no teu?” 

(Lucas 6:41)


Falando en termos xerais, somos propensos a xulgar as persoas que viven ao noso arredor. Na convivencia aparecen moitas cualidades humanas e valores positivos, pero tamén agroman os contravalores: criticar pequenos defectos nas persoas e nós ter os mesmos defectos moito máis acrecentados. O exemplo de Jesús é moi ilustrativo. Saiban vostedes que foi o mellor pedagogo da historia. Como tal, emprega unha hipérbole para mostrar que é imposible ver algo nos demais, se os nosos defectos nos impiden a visión. Nos versículos seguintes define ao que xulga como un hipócrita. A diferenza do que puidese parecer un insulto (humillar ou ferir a dignidade de alguén con palabras) Jesús expón con claridade a situación persoal do individuo e di: “Limpa primeiro a viga que está no teu ollo e logo poderás ver con claridade para sacar a palla no ollo do teu irmao”.

Pero hai algo máis, como podo sacar a viga do meu ollo? Só Deus é quen de perdoarnos por iso non nos corresponderá nunca xulgar aos nosos irmaos.

Te puede interesar