Opinión

Autorretratos de Nuria Lago

Desde este sábado 15 do nadal de 2018 temos a oportunidade de disfrutar dunha exposición de pintura abstracta nun entorno incomparable, como é o Liceo de Ourense. A artista é unha moza da cidade olívica e despois de moitas exposicións, fai unha forte aposta por innovar e sorprender ao espectador. Esa foi a miña sensación ao ver as obras que formarán parte do conxunto da súa autoría. Nuria prefire falar de transformación máis que de creación. A texturas, cores, formas xeométricas, trazos, debuxos, bocetos son para ela elementos a ter en conta á hora de expresarse en diferentes aspectos persoales. Cando recollín esta idea de varias conversas que tivemos, lembrei a resposta dun neno sobredotado, en Gran Bretaña, que lle preguntaron se se consideraba un xenio, e simplemente respostou que el aínda non tiña nada creado. Estou seguro que a creación surxe da inexistencia da materia tanxible, e ao convivir con cousas intranscendentes só nos queda poder mudalas nun contexto físico, aínda que nos pareza que nunca existiron, ou que son únicas.

A pintura abstracta está xustificada desde calquer punto de vista, aínda que non debera precisar de ningunha xustificación. Non acontece o mesmo con outros estilos coma o hiperrealismo, cubismo, subrealismo, impresionismo, etc., poren a diferencia está en que na abstracción non sempre se entende por si mesma, e se tende a vanalizala. No caso que nos ocupa, Nuria da un paso adiante sobre todo arquetipo abstracto, en música diríamos “ad libitum”, rachando e ocultando formas e estructuras xeométicas predeterminadas. Quere e pode correr ese risco, de que o visitante non se tope nen co máis básico que espera ver: unha composición triangular, ou algún outro polígono regular, certamente oculto, que agrupe ou ordene os trazos e elementos policromados.

En realidade
Nuria Lago non fai un autorretrato porque o seu interior non cabe nunha soa peza. Tampouco abonda toda a colección e probablemente, teña que facer outras tantas. Digo esto porque a súa xenerosidade e valentía van conxuntas nesta etapa de risco, coa esperanza en seguir transformando e potenciando este estilo entre os galegos das diversas comarcas da nosa terra.

Vale a pena achegarse até o Liceo de Ourense para disfrutar desta artista plástica sen complexos, sempre cun sorriso nos beizos, que rompendo moldes saber achegarse ao espectador. Saberemos nós algo dela ao contemplar a súa obra? O seu camiño artístico, os trozos verdadeiros da súa alma, os anacos por descubrirse a si mesma, a búsqueda da identidade de artísta, a vida na antemoesa que limita a loucura, quen sabe? Haberá que descubrilo.

Te puede interesar