Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Unha amiga, boa profesional, estudada e case sabia, veciña dunha cidade das nosas, da que non é necesario dar o nome, dicía con voz recia que a súa era unha bela cidade, bonita, limpa, aberta e na que gustaba vivir, se non fose polos lugareños, os do piso de arriba e os de abaixo, os daquela casa e os da outra, os que coñecía e os que sinxelamente pagaban os impostos, como ela pagaba, e votaban cando ela votaba. Os ían tamén comprar aos supermercados, ao traballo, á praia, ao cine e ao teatro. Eran normais, pero, ao entender da miña amiga, afeaban a cidade, incluso, coa súa normal forma de falar.
E, así, cantas cousas se ven? Que bonitos parques temos, con poucos nenos xogando, con algunha xente máis, con esculturas e con cadelos envorcándose, se non fose polo lixo estrado; que bonito este sendeiro arranxado para andar e tódolos sendeiros bonitos, se non fosen os plásticos tirados, se non fose a sucidade e a desatención á que están sometidos. Que bonitos os prados de calquera aldea, se se regaran; os bosques, se se preservaran, se estiveran limpos e non queimados. Que bonitas serían as cerdeiras en flor ou con cereixas, se non fose a chuvia ácida, que non deixa comer aos paxaros, e que bonitas e produtivas serían as hortas urbanas, se se traballaran.
Serían ben bonitos os camiños e as corredoiras, as agras, as leiras pequenas sementadas, os prados gadañados e coas ourelas rozadas; os toxos feros e reverdecidos, os ríos de auga cristalina, as pereiras e maceiras cargadas de froito, se se coidaran. Que bonitas as bibliotecas cheas de libros, con xornais e con lecturas en diversos idiomas, se estiveran cheas de xente lectora. Que bonitas as librarías, se venderan libros; que bonito o transporte público, se funcionara e que bonito sería mirar para o ceo e velo estrelado.
Sería bonito o patrimonio de todo tipo que temos en Galicia, arquitectónico, paisaxístico e artístico, se se respectara. Tan bonito como o respecto, cando se ten e se mantén. Que bonita sería a volta ciclista con toda a beleza do seu colorido, se fose fundamentalmente deportiva. Que bonito sería espertar algún día e atoparse cunha Galicia ideal, liberada da especulación que conduce á miseria, unha Galicia enteira e con homes e mulleres que fosen donos e donas de seu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas